A Plataforma Máis Plurais concéntrase diante da Delegación do Goberno en Galicia. Fai entrega dun manifesto no que consta a oposición á nova lei educativa (LOMLOE)

Hoxe, ás 12 da mañá, levouse a cabo una concentración dos representantes da plataforma MÁIS PLURAIS diante da Delegación do Goberno en Galicia, en A Coruña, có motivo da campaña Máis plurais, máis libres, máis iguais contra a Lei Celaá na Comunidade galega. Ignacio Louro, en representación das ANPAs e FAPAs galegas, actuou como voceiro, lendo o manifesto que se acompaña a continuación.

 Coa lectura deste manifesto, queremos facer constar a nosa firme oposición pola nova lei educativa, a LOMLOE, máis coñecida como Lei Celaá, que se está a debater actualmente no Parlamento, en plena pandemia da COVID-19.

 

MANIFESTO

 

A reforma da Lei Orgánica de Educación (LOMLOE) é fortemente intervencionista, promove a restrición de dereitos e liberdades cidadás e atenta contra a pluralidade do noso sistema educativo que é clave nunha sociedade democrática. É unha reforma que conduce cara ao dominio sistémico do Estado, dotando as Administracións con facultades cada vez máis amplas en detrimento das familias como primeiras educadoras dos seus fillos. A LOMLOE permite distribuír o alumnado por centros reducindo significativamente a elección educativa dos seus pais, un dereito avalado pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Inventa un dereito á educación pública -cando o dereito recoñecido na Constitución é a o dereito á eduación-; enfróntaa ao modelo de educación concertada, amplamente implantado en Europa, rompendo a complementariedade de redes recollida na Constitución; devalúa a ensinanza da materia de Relixión na escola aplicando un laicismo impropio e pon en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial, entre outros aspectos. Por todo iso, gran diversidade de entidades e de colectivos cidadáns de docentes, familias, alumnado e titulares de centros pedimos a protección e a continuidade da pluralidade do noso sistema educativo actual, posto que:

  • A sociedade española é diversa e democrática. Fundamenta a súa convivencia sobre os valores da tolerancia e a participación. Por iso, a escola máis adecuada para unha sociedade como a nosa debe ser unha escola tamén plural, gratuíta e universal. Isto só é posible se hai unha diversidade de escolas con proxectos educativos e pedagóxicos propios e autonomía dos centros para dotarse deles e poñelos en práctica.
  • O ensino concertado posibilita un modelo plural, heteróxeneo e inclusivo. Desexamos unha educación pública plural e de calidade, pero iso non se logra lexislando contra o ensino concertado e a súa diversidade de proxectos. A hostilidade que manifesta a LOMLOE cara ao ensino concertado crea un escenario de desigualdade de oportunidades para as familias que desexan un ensino plural accesible a todos.
  • Defendemos a pacífica e harmónica convivencia das tres redes: pública, privada concertada e privada. Non aceptamos que a LOMLOE lles permita ás autoridades educativas impoñer a distribución do alumnado baseada na planificación arbitraria da Administración por enriba das necesidades reais de escolarización manifestadas polas familias.
  • O Estado ten igualmente a obriga de financiar adecuadamente os centros educativos públicos e concertados para garantir a gratuidade real dos dous. E este financiamento, respectando a natureza e a idiosincrasia de cada rede de centros, debe cubrir as súas necesidades materiais e os seus recursos humanos en igualdade de condicións, pois as dúas redes deben prestar un servizo educativo de igual calidade ao alcance de todos.
  • A través do control político da educación, estamos asistindo tamén a unha agresión á liberdade de conciencia a prol da imposición dunha ideoloxía laicista impropia dun Estado non-confesional. A materia de Relixión, que se cursa con absoluta normalidade en case todos os países europeos, é unha opción maioritaria das familias españolas que a elixen libre e voluntariamente cada ano e cuxa vontade debe ser respectada.
  • A intrusión na LOMLOE dun concepto de inclusión radical conduce os actuais centros de educación especial á súa desaparición a pesar de contar cun alto grao de satisfacción das familias que escolarizan alí os seus fillos. Pedímoslle ao Goberno unha dotación suficiente de recursos para atender o alumnado con discapacidade nos centros ordinarios e nos colexios de educación especial.
  • A pluralidade educativa, a liberdade de elección de centro e a formación nos valores éticos, filosóficos ou relixiosos contribúen a un mellor rendemento e desenvolvemento integral da persoa. A identificación das familias co proxecto educativo elixido favorece unha maior implicación na educación dos seus fillos, e as evidencias demostran que unha maior implicación familiar está relacionada cun mellor rendemento escolar, especialmente dos máis desfavorecidos.
  • Melloras reais para o persoal docente e non-docente dos centros. A LOMLOE abandona os profesionais da concertada e de educación especial ao non introducir nin unha soa mellora que permita equiparar e mellorar as súas condicións. A nova lei de educación debe garantir que se achegue financiamento abondo para mellorar as condición laborais, retribucións e xornada dos docentes, do persoal de administración e servizos e persoal complementario de todos os centros da rede concertada e de educación especial. Porque a todos -centros, familias, docentes e alumnos- nos une o mesmo obxectivo.

 

Entidades galegas adheridas á campaña:

 

CECEGALICIA - FSIE – FeUSO - FAPA Coruña - FANPA Ferrolterra -

SURGAPA, Pontevedra - FAPA Lugo - FAPA Ourense -ESCOLAS

CATÓLICAS GALICIA

 

PLATAFORMA MÁI PLURALES

masplurales@gmail.com

www.masplurales.es

 

Back to top