Galicia

Amplianse as devolucións parciais das cantidades deixadas de percibir

13 Mayo

13 Mayo 2015 por FEUSO | Galicia

Amplianse as devolucións parciais das cantidades deixadas de percibir pola paga de decembro do 2012 nos centros públicos e concertados

LEI 2/2015, do 29 de abril,   do emprego público de Galicia que modifica os orzamentos da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2015. Na disposición transitoria décimo segunda amplíanse as cantidades deixadas de percibir como  consecuencia da supresión da paga de decembro de 2012.

Na pública por mor de diversas sentencias amplía as cantidades a percibir ata o 24,04% dos importes deixados de percibir pola paga extraordinaria, paga adicional do c. específico, correspondentes ao mes de decembro de 2012.

Na concertada, a ampliación pasa do 0,45% a o 1,08%  (aproximadamente o 24%) dos conceptos dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento dos centros educativos concertados.

Segundo fontes da consellería farase efectiva no mes de xuño.  

Ao persoal das universidades galegas, o aumento amplía as cantidades a percibir ata o 24,04% dos importes deixados de percibir.

Aínda que manifesta unha boa disposición non deixa de ser un parche contra a perdida de poder adquisitivo de salarios dos traballadores (en torno a un 12%) sufridas e non recuperadas desde 2011.

Más información:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150504/AnuncioC3B0-290415-0001_gl.html

Back to top