Galicia

Comisión Tripartita da Ensinanza Concertada galega

19 Noviembre

19 Noviembre 2019 por FEUSO | Galicia

O 13 de novembro celebrouse en Santiago a Comisión Tripartita da Ensinanza Concertada, mesa de negociación en Galicia, que, unha vez máis, constatou que a Consellería de Educación non quere negociar ningún tipo de acordo e volve a utilizar a Lei de Orzamentos de Galicia para desprezar e conculcar dereitos laborais e salariais. Xa son case nove anos perpetuando esta situación, polo tanto ante a ausencia total de interlocución e negociación para tratar de buscar solucións aos problemas que afectan ás traballadoras e aos traballadores da ensinanza concertada.

Para esixir que a Conselleira os reciba e se sente a negociar para acadar os seguintes acordos:

  • Acordo de Mantemento de Emprego (non temos AME desde setembro de 2009).
  • Acordo que permita deixar sen efecto a suspensión en 2010, co inicio dos recortes de dereitos laborais e salariais, da cláusula terceira do Acordo Plurianual 2008-09-10 de 24 de abril de 2008 sobre condicións laborais e de calidade do ensino, quedando pendente unha revalorización do 2% do Complemento Retributivo Autonómico e 45 € por xornada completa. Este acordo foi asinado co Bipartito, aprobado en Consello da

Xunta e publicado no DOG o 30 de maio de 2008.

  • Acordo de Xubilación Parcial.
  • Acordo para empezar a pagar A Paga Extraordinaria de Antigüidade de 25 anos na empresa que non é aboada desde o derradeiro acordo en novembro de 2010, sendo Galicia unha das poucas comunidades autónomas do Estado que non paga a PEA, dereito recoñecido por xurisprudencia reiterada.
  • Acordo para pagar o complemento por ser coordinador/a do equipo de dinamización lingüística, dereito económico recollido no RD 79/2010 do Plurilingüismo tanto para os traballadores do ensino público como para os traballadores do ensino concertado.
  • Acordo de analoxía carga lectiva e salarial.
  • Acordo pago delegado para o PAS

A falta de negociación por parte da Administración é algo habitual. Como mostra, sinalar que as organizacións sindicais FSIE, FeSP-UGT, CCOO Ensino, FEUSO e CIG Ensino rexistraron unha solicitude de reunión coa conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional o pasado 19 de xullo e despois de case catro meses non recibiron resposta algunha.

 

Más información: Ver nota de prensa en castellano.

Back to top