Galicia

Comunicado conxunto

09 Junio

09 Junio 2026 por FEUSO | Galicia

UGT, CCOO Ensino, USO, SNEP e CIG reafirmamos a nosa unidade sindical no sector do ensino concertado galego e anunciamos que continuamos coa folla de ruta de mobilizacións acordada para presionar á Consellería e lograr a apertura dunha mesa de negociación.

As próximas mobilizacións terán lugar o vindeiro 26 de xuño en Vigo e A Coruña, quedando pendentes de confirmación o lugar e a hora de celebración.

As organizacións sindicais que mantemos esta unidade representamos conxuntamente a maioría sindical do sector en Galicia e apostamos por seguir avanzando desde a unidade de acción, convencidas de que é a mellor ferramenta para defender os dereitos e mellorar as condicións laborais de todas as persoas traballadoras do Ensino Concertado.

Back to top