Galicia

Propuesta conjunta de los sindicatos enviada a la Xunta

30 Enero

30 Enero 2008 por FEUSO | Galicia

Despois de que se suspendese a sinatura do Acordo para Privada do pasado11.01.08, e tras pedir explicacións á Consellería sobre este feito, a Consellería explicou que estaba tomando en consideración a Proposta inicial feita pola plataforma sindical na que pediamos un Acordo Plurianual.


Diante desta proposta cada un dos sindicatos que asinamos este documento fixemos as nosas consideracións e entendemos que sería positivo retomar a idea de que o acordo sexa PLURIANUAL. Con todas estas premisas intercambiamos as nosas posicións e chegamos a esta postura unánime que recollemos neste documento para presentar na mesa de negociación.
Invitamos á CIG a que se sume a esta proposta consensuada xa que forma parte da plataforma sindical que asinou o preacordo do día 3 de xaneiro.


CLÁUSULAS

1. PAGO ATRASOS 06 ( PREACORDO 03 XANEIRO)

2. REDUCIÓN DA XORNADA LECTIVA A 24 HORAS( PREACORDO 03 XANEIRO)
2.1.CLÁUSULA DE REVISIÓN EN 2010 QUE NOS PERMITA SEGUIR NEGOCIANDO A REDUCIÓN DA XORNADA LECTIVA.

3. VIXENCIA TEMPORAL: 2008 A  2010

4. INCREMENTO COMPLEMENTO AUTONÓMICO: 14 MENSUALIDADES
- XANEIRO 08: 60 EUROS
- XANEIRO 09: 60 EUROS
- XANEIRO 10: 60 EUROS
4.1. COMPROMISO DE NEGOCIAR REVISIÓN DOS INCREMENTOS SALARIAIS ANTES DO REMATE DO ACORDO, NO MOMENTO NO QUE SE PRODUZAN VARIACIÓNS RESPECTO DOS ACORDOS AUTONÓMICOS VIXENTES PARA A PÚBLICA.

5. DESAGREGACIÓN DA PARTIDA  DE OUTROS GASTOS DO MÓDULO, QUE VAI PERMITIR UN INCREMENTO DIFERENCIADO QUE REPERCUTA NOS SALARIOS DOS P.A.S.

Vigo, 17 de xaneiro de 2008

CCOO, FSIE, UGT, USO

Propuesta de Pre-Acuerdo

Back to top