15 Diciembre
15 Diciembre 2009 por FEUSO | Galicia
No día de onte, tivemos unha reunión na Xunta coa Administración,no que tratamos os seguintes temas: Acordo Mantemento Emprego, Acordo Antigüidade,Acordo Homologación salarial.
Na reunión mantida onte coa Administracición, pódese decir que houbo algún avance que non se dera nas reunións anteriores. O Subdirector presentóu documentación cos 8 centros que perden 17 unidades e con 10 profesores afectados. Con estos datos parece máis factible a recolocación, xa que a cuantificación económica inicial por parte da Consellería, dos profesoroes a recolocar, era moi superior. Xa que non contaban coa recolocación de profesores nos sues proìos centros. Outro documento presentado foi o que recollía o número de profesores afectados pola paga de Antigüidade no ano 2009 que eran un total de 61 afectados.
Tambén fixeron unha proposta dun documento para negociar coas partes que forman a mesa. Donde se presentaban os 3 Acordos: Mantemento de Emprego, Paga de Antigüidade, e Homologación Salarial. Esta proposta foi presentada como un documento indivisible.
Os Sindicatos manifestaron a sua disconformidade coa postura que se fixaba no documento, ó considerar este como un todo indivisible, donde estén os tres Acordos, e que a firma dun sexa vinculante cos demáis.
A Administración manifesta que a negociación dos documentos depende dos presupostos e que éste ano son os que son. Por outra parte dicen que no caso de Mantemento de Emprego, estan dipostos a firmar unha nova Addenda sobre o Documento anterior que finalizóu o 31-08-09, e si non se pode firmar unha Addenda, firmar un Novo Acordo. No referente a Paga de Antigüidade, firmar un Acordo similar o que tiñamos dende o ano 2005 e que rematóu o 31-12-08. Para comenzar a pagar no ano 2010. E no que respeta a Homologación Salarial, desglosar a cantidade de 45 € entre 2011 (30€) e 2012 (15€)
Hai bastante acordo no referente os dous primeiros documentos; sin embargo, a discrepancia xurde no terceir documento.
A Administración deu un prazo para enviar propostas sobre a paga de Antigüidade, e sobre a Homologación , convocandose unha nova reunión o día 23 de Nadal.
Posterior a esta reunión, os sindicatos chegaron a un acordo para presentar propostas conxuntas no referente a Paga de Antigüidade e Mantemento de Emprego para a reunión do día 23.