Recollida de Sinaturas. Por un Convenio digno e mellora da calidade educativa na Educación Infantil (etapa 0-3)
22 de Febrero por FEUSO, publicado en Galicia
As persoas traballadoras do sector queremos informar á sociedade, en xeral, e ás familias, en particular, das precarias condicións laborais das persoas que traballamos pola educación dos seus fillos e fillas, ao tempo que trasladamos ás titularidades das Administracións, dos centros e ás patronais do sector o noso malestar por perpetuar o bloqueo da negociación do actual convenio colectivo, non aceptando incrementos salariais segundo o custe da vida, rexeitando melloras laborais e sociais e si intentando eliminar dereitos xa conquistados en anteriores convenios. Tamén denunciamos especialmente a imposición duns servizos mínimos abusivos por parte das Administracións vulnerando os nosos dereitos fundamentais. Podes imprimir aquí o documento para recoller sinaturas no teu centro e despois envialo a vigo@feuso.es