Rueda de prensa y movilización por la negociación en la Enseñanza Concertada en Galicia

10 Abril

10 Abril 2018 por FEUSO | Enseñanza concertada

Las acciones conjuntas de FEUSO, FSIE, CCOO, UGT y CIG, dentro de la campaña “Negociación na Concertada, xa!”, han dado un nuevo paso dentro de su programa al llevar a cabo una rueda de prensa en Santiago de Compostela para exponer las dificultades a las que se está enfrentando el sector.

De esta manera, se convocó una rueda de prensa para informar sobre la falta de respuesta por parte de la Administración a las peticiones de los trabajadores y trabajadoras de la enseñanza privada concertada, que llevan siete años perdiendo salario y derechos, así como de las acciones a emprender los próximos meses. Después de la rueda de prensa, los representantes de los cinco sindicatos realizaron una concentración delante de la Consellería de Educación y entregaron por registro una solicitud de convocatoria de la Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado (CTEPC).

El texto íntegro facilitado a los medios reza de la siguiente manera:

OS REPRESENTANTES SINDICAIS DE FSIE, FESP-UGT, CCOO ENSINO, FEUSO E CIG ENSINO RETOMAN AS ACCIÓNS DE PROTESTA ANTE A FALTA DE RESPOSTA DA  ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA AOS PROBLEMAS DO ENSINO CONCERTADO

Os representantes de todos os sindicatos do Ensino Concertado (FSIE, FeSP-UGT, CCOO Ensino, FEUSO e CIG Ensino) retoman as accións de protesta en defensa dos máis de 7.000 traballadores e traballadoras deste sector, que levan 8 anos perdendo salario e dereitos.

Desde a reunión co conselleiro do pasado día 5 de decembro, que foi absolutamente decepcionante para os representantes sindicais ante a falta de coñecemento dos temas por parte do máximo responsable do Ensino en Galicia, non houbo resposta algunha por parte da Administración as demandas presentadas no devandito encontro.

Por este motivo, os representantes das organizacións sindicais decidiron dar novamente un paso adiante e emprender unha serie de accións. Desta forma, hoxe mesmo –ao remate desta comparecencia- os liberados e liberadas sindicais realizarán unha concentración diante da consellería e, por rexistro, solicitará a convocatoria da Comisión Tripartita do Ensino Privado Concertado (CTEPC). Tamén está en marcha unha campaña de recollida de sinaturas co lema “negociación na concertada, xa!”. Estas firmas serán entregadas o vindeiro día 25 de abril, data na que se celebrará unha concentración de delegadas e delegados da concertada diante da Consellería. Se non se conseguen avances significativos, as OOSS teñen previstas outras accións máis contundentes.

Temas a tratar. O Acordo de Mantemento de Emprego é unha das prioridades, xa que “non temos AME dende o ano 2009, e a perda de unidades suporá un maior paro”. Ademais, as organizacións sindicais recordan os recortes salariais soportados por este colectivo nos últimos anos, consolidados en nómina e que aínda non terminaron de recuperarse, así como a paga extraordinaria de antigüidade dos 25 anos, que non se aboa dende o 2010, “sendo Galicia a única comunidade autónoma do Estado que non paga a PEA, dereito recoñecido por xurisprudencia reiterada”. O aboamento da coordinación de dinamización lingüística que non se está a cobrar, incumprindo a propia lexislación da Xunta de Galicia, é outro dos temas a tratar. Por todo isto, e ante a situación de recuperación económica “da que tanto se fala, cremos que chegou o momento de empezar a negociar (o gran problema é a negativa a negociar por parte da Administración) un acordo de mantemento de emprego, un acordo de aboamento da PEA e un calendario de equiparación salarial e de condicións laborais, así como o pago da coordinación de dinamización lingüística que non están a cobrar os traballadores/as do ensino concertado”..

 

Back to top