“A mentira ten as patas curtas e a coherencia sindical está por riba de todo” (fonte: páxina web da cig-ensino)

A mentira ten as patas curtas: a CIG tira de refraneiro. Se de refraneiro e citas célebres se trata, todos temos a nosa bagaxe cando a situación así o require. E, trala reunión mantida onte polos cinco sindicatos que nos estamos a mobilizar e a posterior resposta da CIG, cabe sacar a colación algo de esta sabedoría popular.

Vexamos algúns exemplos:

  • O mentireiro, cando se ve descuberto, anóxase ou se fai a vítima
  • Non discutas sobre verdades con adictos ás mentiras
  • Hai quen nunca se desculparán polo que che fixeron, pero si che culparán e xulgarán pola forma en que ti reaccionaches
  • O mentireiro, se non pode convencerche, tenta confundirche
  • Os mentireiros nunca cambian, só melloran a súa estratexia

A coherencia sindical está por riba de todo: sen dúbida, tedes toda a razón.

Por definición, a coherencia é a actitude lóxica e consecuente cos principios que se profesan. Non facemos aquí un xuízo de valor, pero claro está que un pode ser coherente tendo uns principios reprobables.

Cando un conxunto de sindicatos conflúen, a pesares das súas diferenzas, nunha campaña en prol dos traballadores e traballadoras dunha empresa ou sector, déixase á marxe a estratexia sindical de crecemento en representatividade e afiliación. A USO é coherente con esta máxima. Pero tamén é certo que a coherencia de cada un vai cos seus valores e costumes. E, pensando en isto, as reaccións ofendidas da CIG dan moito que pensar.

O comunicado de CCOO, UGT e USO tan só buscaba o recoñecemento da CIG de terse saído do testo cunha mensaxe en clave clarísimamente electoralista. E máis claro non puido quedar cando se empezaron a perder afiliacións e delegadas. Sen embargo, non rompemos a unidade sindical en ningún momento e o noso comunicado así o reflexa. Tan só pedimos unha rectificación. A resposta da CIG, pola contra, escrita quedou.

Pois ben, para esta reacción tamén temos refráns e expresións de todo tipo aos que botarlle man:

  • Cre ou ladrón que todos son da súa condición
  • Porse o mundo por monteira
  • De perdidos ao río
  • Fuxir cara adiante, pero retrocedendo

Sen ánimo de darlle máis voltas, recordade: cando apuntas cun dedo, lembra que os outros tres dedos sinálanche a ti.

Pola nosa parte, e como ensinanza, temos unha última reflexión:

Non deixes que nada che desanime, porque ata unha patada no cu empúxate cara adiante

Más informacións:

Nos seguintes enlaces podedes acceder aos comunicados conxuntos que emitiu a USO xunto con CCOO e UGT:

  1. Comunicado conxunto Infantil USO-COO-UGT.
  2. Resposta de USO, CCOO e UGT ao comunicado da CIG.
Back to top