LENGUA ESTRANJERA PRIMARIA

Normas para solicitar la habilitación para dar Lengua extranjera en Primaria.

A) Persoas coa titulación de Grao de Mestre/a en Educación Primaria coa mención de Lingua estranxeira

A Comisión Autonómica de Habilitacións de Galicia na sesión do día 27/03/2014 acordou que aquelas persoas que posúan unha titulación de Grao de Mestre/a en Educación Primaria coa mención de Lingua estranxeira e mais calquera certificación de competencia lingüística do nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas con independencia da súa data de expedición e que conste na Orde de 18 de febreiro de 2011 (DOG n.º 80, do 26 de abril) deberán solicitar a habilitación para impartir a especialidade de Lingua estranxeira en Primaria.

B) Persoas coa titulación de Grao de Mestre/a en Educación Primaria, Mestre/a, Diplomado/a en Profesorado de EXB ou Mestre de Primeiro Ensino sen a mención ou especialidade de Lingua estranxeira
 
Aquelas persoas que posúan a titulación de Grao de Mestre/a en Educación Primaria, Mestre/a, Diplomado/a en Profesorado de EXB ou Mestre de Primeiro Ensino sen a mención ou especialidade de Lingua estranxeira e mais unha certificación de acreditación lingüística B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas con anterioridade ao 14 de xullo de 2013, data de entrada en vigor do RD 476/2013 (BOE n.º 167, do 13 de xullo) poderán solicitar a habilitación para a especialidade de Lingua estranxeira en Primaria.
 
Este acordo será tamén aplicable a aquelas persoas que se examinasen e aprobasen na convocatoria de xuño de 2013 de calquera das probas de acreditación de competencia lingüística B2 recollidas na Orde de 18 de febreiro de 2011 aínda que a expedición do certificado sexa posterior á data de entrada en vigor do devandito real decreto.
 
Así mesmo, coa entrada en vigor do RD 476/2013, para aquelas persoas que non posúan a mención ou a especialidade de Lingua estranxeira o único certificado acreditativo de competencia lingüística B2  co que se poderá obter a habilitación para impartir a especialidade de Lingua estranxeira en Primaria será o Certificado de nivel avanzado ou de aptitude da EOI no idioma correspondente.
 

Back to top